Relato: Unha muller lumpen

Aquí cuelgo un cuento muy breve. Está en gallego, pero creo que es muy sonoro, comprensible y con una cierta hermosura fatal. No dejéis de comentar vuestra opinión.

Unha muller lumpen

O Cholo espertou cando a primeira luz da mañá xa comezaba a entrar por unha rendixa da persiana. Foi abrindo os ollos moi de vagar, e percorreu coa vista o escaso mobiliario da vella habitación do clube. A cabeza doíalle terriblemente pola resaca da noite. Pechou os ollos e o esforzo de lembrar perfiloulle unhas enrugas na fronte. Entre aquel lusco e fusco da habitación, mirou o lombo da rapaza que parecía durmir á súa beira

O que pasara na noite anterior percourreulle o maxín: saíra cuns amigos, pillaran unha boa e remataron nun clube. Alí gustáralle unha rapaza de pelo longo e un chisco rizado que gastaba uns lentes de sol ben finos. Tomaran unha copa e logo subiron á habitación. Lembraba que, deitados na cama, falaron un intre  e el lle pillara o gusto á súa conversa, aínda que agora non era quen de dicir cales foran os temas daquel falar. O Cholo moveuse un poco no leito e pensou que, de noite e cunhas copas, case todas as rapazas son fermosas e falan ben

O Cholo decatouse de que aínda tiña posta a roupa coa que saíra da casa.

Un cheiro trampulleiro colouse polo seu nariz e, por un anaco, estivo a uliscar, facendo ruido mentres ancheaba e diminuia as fosas. Naquela habitación cheiraba a merda.

—Onte pola noite cheiraba moito máis, pero ti non estabas para ulideiras.

A rapaza tiña dado a volta e estaba a se espreguizar. Ao Cholo pareceulle tan fermosa coma na noite anterior; mirou a súa cabeleira rizada na almofada e viu os debuxos que pintaba alí. Ela tiña os ollos pechados e O Cholo cavilou que era porque andaba a soñar con el.

—Onte estaba cansa. Non quería aturar a ningún home.

Ela deulle as costas de novo. Sentou na cama, que protestou cun forte rinchido, puxo os lentes que tiña cando el a coñeceu e botou un grolo de viño nun vaso crebado, pousado na vella mesiña que estaba a rentes da cama. El mirou coma o cabelo dela lle tapaba o pescozo e baixaba polo ombreiro. Pareceulle ben suave e desexou achegarse para  tocalo, pero non se atreveu.

—Cando estou cansa e vai vir un home e eu non quero, pois vou cagar antes. A moitos non lles gusta que cheire a merda e váiselles toda a forza. De algo tiña que valer que eu teña a única habitación con baño— e riu mirando cara a fiestra.

O Cholo sentiu coma se unha comezón se lle metese na alma. El tiña que salvala. Marcharía con ela, marcharían os dous ben  lonxe. Conseguiría un traballiño e non deixaría que ela traballase,  polo menos non niso. E ai de alguen se mentase o traballo que ela tiña, ai do que pronunciase esa palabra, aquela palabra maldita e impronunciable; iríase a el, batería nel con todas as súas forzas. El queríaa de verdade. Por un intre estivo a piques de dicirllo, de soltarllo todo.

Ela dera a volta e estaba diante do Cholo cun aire inquedo. O cholo andaba a mirar a sombra dela na parede, con aquelas curvas que tanto lle gustaban, pero ao fin entendeu e levou a man cara o peto.

Ela achegouse a él, baixou un pouco os lentes cara a punta do nariz e mirouno por enriba deles.

—Non, non tal. Garda os cartos que non pasou nada onte. Es moi novo, non deberías vir por estes sitios.

O Cholo engurrou o xesto cando viu o mirar daqueles ollos. Cada un deles apuntaba a un lado da habitación mentres ela lle estaba a falar. O Cholo cavilou coma sería facer o amor sen ver que o miran a un, coma se aqueles ollos non estivesen realmente alí, coma se aquela muller tivera marchado para un lugar afastado. Aquela palabra, que antes se lle antoxaba maldita e impronunciable, subíalle teimuda pola gorxa, a borbotóns, e quería saír, saír.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: